O Etnolóxico abre a segunda mostra de Alfonso Soto, Fon

La Voz

OURENSE

Alfonso Soto, Fon, con sus nietas protagoniza la muestra sobre su obra en el Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Alfonso Soto, Fon, con sus nietas protagoniza la muestra sobre su obra en el Museo Etnolóxico de Ribadavia. Santi M. Amil

O museo de Ribadavia reivindica o traballo creativo do pintor e deseñador

01 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Museo Etnolóxico de Ribadavia • O museo da capital do Ribeiro veu desenvolvendo dende hai tempo un proxecto con nome propio e referencia de seu na vila de Ribadavia: a recuperación e reivindicación da obra artística de Alfonso Carlos Soto Martín (Ribadavia, 1953), Fon.

De formación autodidacta, Fon compaxinou o seu traballo en diferentes sectores cunha paixón artística que mantivo dende os seus primeiros anos escolares. Formado como axustador en Burgos, de onde era orixinaria a familia materna, as súas frecuentes viaxes a Madrid deixaron nel o impacto das reivindicacións e movimentos sociais do franquismo. En 1972 volve a Galicia e instálase en Vigo. Traballa no porto e logo en empresas como Dragados, Conel e Adolfo Domínguez. Foi nesta onde desenvolveu a súa faceta creativa como deseñador durante anos. O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugurou onte a segunda das mostras antolóxicas de Fon e para a ocasión contouse coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e co delegado da Xunta, Manuel Pardo. No acto tamén estivo presente o responsable do espazo museístico, César Llana.

Na primeira mostra, que se abriu a finais do 2023 e estivo ata marzo, as obras de gran formato e a súa primeira etapa creativa protagonizaron a exposición.